mércores, 22 de xuño de 2016

Final de curso

Ola a todos por última vez este curso. Esta é a última publicación deste curso. Quería dicirvos a todos que pasedes un bo verán, que xa acabou o ano e que nos vemos en setembro.

mércores, 15 de xuño de 2016

PowerPoint

Ola a todos. Esta vez fixen un powerpoint como se o fose a expoñer. Nos powerpoints debe haber pouca información, debe haber fotos e gráficos e outras cousas visuales que poden axudar a entender o que estas expoñendo. A información debela expoñer ti, non que a lean os teus ointes.

martes, 14 de xuño de 2016

Lorem ispum con word

Ola a todos. Estamos aqui nunha nova entrada do blog. Esta vez entramos no mundo do office, concretamente en word. Entramos a facer un documento coa plantilla "lorem ipsum" onde metemos imagenes, portada, encabezamento,etc. 

xoves, 10 de marzo de 2016

Camtasia Studio

Ola de novo! Xa pensabades que vos librarades de min, verdade? Pois non, ainda estou aqui dando a lata. Ben, vamos o traballo. Esta vez fixen edición de video e para iso escollin como programa Camtasia Studio 8, un programa bastante simple. No meu video collín a película de "Los juegos del hambre" e cortei algunhas partes que me parecían boas para facer o meu proxecto. Despois, grabei o libro desta película e en certos momentos do video do libro pareino e añadin diante os clips que collera da película. Unha vez feito todo isto silencie todo o audio que tiñan o video do libro e os clips e apliqueille a canción de "Are you with me" do grupo "Lost frequencies" porque me parecía que pegama co meu proxecto. Ben, aqui vos deixo o meu traballo:
Clicka aqui para ver o meu proxecto
Bueno, que teñades unhas boas vacacións de semana santa, que o pasedes ben e antes de irme quero desexarlles os meus compañeiros de informática e aos profesores que os acompañen que o pasen moi ben (os profesores van necesitar un milagro para que o pasen ben cos meus compañeiros de por medio). Veña, ata a próxima merluzos!

mércores, 3 de febreiro de 2016

Espacio sonoro

Benvidos de novo o meu blog! Hoxe traiovos un espacio sonoro no que recreei unha carreira ilegal desde distintos ambientes. Primeiro, o ambiente de como se escoita desde fora e despois desde dentro. Click aquí para escoitar. Ata a próxima!

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Musica Modificada con audacity

Benvidos a outra entrada do meu blog. Esta vez, como xa expliquei na entrada anterior, estou subindo unha proba de música. O que fixen foi baixar o volumen dunha das cancións porque era moito máis sonora que a outra, movín unha canción o final da outra e fixenas aparecer e desaparecer progresivamente. Espero que vos guste porque me vou a convertir no novo David Guetta. Click aqui para ir a miña música.

Segunda avaliación

Ola a todos. En primeiro lugar quería desexarvos a todos un feliz ano novo e que tivesedes un bo Nadal. Nesta avaliación empezaremos con edición de audio e de video. A edición de imaxes xa quedou na primeria avaliación, pero ainda así espero que disfrutedes do blog como o fixestedes ata agora, que sempre serve para aprender novas cousas. Ata a próxima entrada que esperemos que sexa moi pronto.

luns, 14 de decembro de 2015

Monstruiños

Ola! Estou de volta con este novo traballo no que fixen uns pequenos monstruos. Tranquilos todos! Non morden que están ben entrenados. Veña, vamos o serio. Está feito con inkscape, como todos ultimamente. A maioría das partes están feitas con círculos e, como podedes observar no pelo e nas orellas, intentei darlle un efecto de sombra. Ata a próxima!

venres, 11 de decembro de 2015

Avatar con inkscape

Este é un avatar feito con inkscape que non representa a ninguén, e decir, fixeno a partir da miña imaxinación. Quedoume un pouco mal porque a pantalla do meu ordenador estropeouse e vese moi mal, asi que teredes que perdoarme isto. perdon polo meu problema pero espero que vos guste. Que teñades un bo dia/noite.

mércores, 2 de decembro de 2015

Xeado

Este é un xeado de sabor limón que se está derretendo pouco a pouco e que xa formou un pequeno charco. Este é o traballo que máis me custou e o que máis tempo me levou. Está feito con inkscape, un programa de edición moi útil se a sabes usar. Aqui vos deixo a ligazón o titorial do xeado e a moitos outros:
Da click aqui para ver titoriais.

martes, 17 de novembro de 2015

Cartaz

Ola a todos. Deixovos por aqui o meu cartaz coa palabra devagar que espero que vos guste e vos serva de inspiración, xa que o meu traballo sempre está destinado a inspirar. Levoume traballo e costoume imaxinar que facer e pasei por moitas outras opcións, ainda que ó final esta foi a que usei e a que decidin usar para o cartaz. Espero que me digades nos comentarios o que representa ou o que vos credes que representa, ainda que supoño que non o adiviñaredes, xa que a miña intencion era deicar un mundo de posibilidades a persona que se inspirase no cartaz para facer o seu texto. Besitos congelados para todos :3.

martes, 27 de outubro de 2015

Imaxe surrealista

Velaquí a miña imaxe surrealista na que elixín un avión e un home en cuclillas, creando así a sensación de que está montado nel. LOVE <3

mércores, 21 de outubro de 2015

Imaxe en branco e negro

Esta é a miña imaxe en branco e negro, na que escollin unha imaxe da saga de Dragon Ball Z para destacar o kamehameha de Goku porque pensei que quedaría ben e, na miña opinión, quedouno. Un besi de fresi :3.

martes, 20 de outubro de 2015

O meu planeta

Este planeta levoume moito traballo. Agora sei o que senteu Deus cando fixo esto. :).

martes, 13 de outubro de 2015

Efecto 3D cun coche

Este é o meu efecto 3D co programa GIMP no que escollín un coche porque resulta máis fácil encontrar unha fotografía que se poida modificar desta maneira.<3

martes, 6 de outubro de 2015

luns, 5 de outubro de 2015

Cartel dunha película

Este é o meu cartel minimalista da película Fast&Furious na que os rectángulos de cor roxo a naranxa representan unha sensación de lume.

martes, 29 de setembro de 2015

Exercicio de cores con GIMP

Aqui está o meu primeiro exercicio de cores con GIMP co título "liberdade" que é o que se sente cando podes investigar e facer cousas da túa man.
O GIMP necesita un pouco de tempo para controlalo, pero se o controlas pasaras uns bos anacos de tempo.

mércores, 23 de setembro de 2015

GIMP

Este é un video titorial sobre como usar o programa GIMP que espero que vos axude moito. :)

martes, 22 de setembro de 2015

Benvidos a Diego en informática

Ola xente.
Esta é a primeira entrada ó meu blog de clase onde vou publicar todos os traballos que faga. Espero que eses traballos vos sirvan para facer os vosos o mellor posible.
Hasta a próxima publicación.:)